VILAS EN FLOR GALICIA
Queres que o teu municipio sexa unha das Vilas en Flor de Galicia?
Se o teu concello ten menos de 40.000 habitantes e un forte compromiso caa xestión sostible dos espazos verdes e da paisaxe, esperamos a túa candidatura!
As Vilas en Flor destacan por unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
VILAS EN FLOR GALICIA
Solicitude de participación
Consentimento
- Manifesto a intención da corporación municipal da que son representante de inscribir o municipio no programa Vilas en Flor Galicia adquirindo total coñecemento das súas bases e aceptándoas na súa integridade.
- Así mesmo, adquiro os seguintes compromisos:
- Designar un responsable que sexa o interlocutor válido ante a organización de Vilas en Flor Galicia.
- Facilitar á organización de Vilas en Flor Galicia a información necesaria para a valoración do xurado nos prazos establecidos.
- Proporcionar a documentación necesaria para a elaboración do material promocional que realice a organización de Vilas en Flor Galicia.
- Atender persoalmente ou designar ás persoas responsables de asistir ao xurado.